BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “+BENESTAR” 2024

20.08.2024

FINALIDADE:

A finalidade do programa é fomentar o envellecemento activo e aumentar a calidade de vida das persoas, ao establecer novas relacións sociais e favorecer que participen en actividades que melloren o seu estado anímico, por medio de movementos de participación e cooperación social que promovan espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade. 

REQUISITOS:

O programa "+Benestar" 2024 contará con 2.127 prazas. Poderán beneficiarse del as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

1. Estar empadroadas na provincia de Pontevedra

2. Ter 55 anos ou máis

3. No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:

• Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.

• Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

• Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.

4. Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.

5. Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.

6. Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.

DESCRIPCION E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:

Nel ofrécese unha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

As persoas solicitantes poderán elixir indistintamente, no momento da solicitude, calquera dos establecementos ofertados (anexo II), se ben a asignación de prazas estará suxeita a dispoñibilidade. Ademais da estadía, o paquete comprende pensión completa (coas bebidas incluídas); o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día; e o traslado en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo e/ou Pontevedra, sempre e cando se reúna un mínimo de quince persoas para a devandita saída, e o traxecto de regreso, aínda que poderán ofertarse outros medios alternativos de transporte segundo se determine na oferta técnica da empresa adxudicataria.

Á hora de confeccionar os menús, teranse en conta as características e as necesidades das persoas participantes. Así mesmo, as que por prescrición facultativa requiran unha dieta específica e así o acrediten documentalmente terán á súa disposición un menú especial.

Con carácter xeral, asignarase un cuarto dobre, agás que por causas non imputables á persoa ou por circunstancias debidamente acreditadas documentalmente esta deba ocupar un cuarto individual. As persoas que demanden expresamente un cuarto individual deberán aboar o custo adicional correspondente, que poderá variar segundo o establecemento de destino.

A Deputación ofertará o programa a través dunha empresa especializada na materia, responsable de executalo, coordinalo e avalialo, e que conte con persoal cualificado. Esta disporá dun servizo de atención ao público por vía telefónica para resolver calquera dúbida que puidese xurdir. Ademais, deberá adoptar as medidas sanitarias en vigor e informar das normas de conducta e uso das instalacións, así como das coberturas do seguro para o programa.

Calquera anomalía que se advirta sobre o bo desenvolvemento do programa deberá comunicárselle ao Servizo de Benestar Social da institución provincial.


MAIS INFORMACIÓN: 




© 2024 Todos los derechos reservados
Horario de Lunes a Viernes 9.00 a 14.00 y Miércoles de 16.00 a 18.00
 
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar