Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares a través do Bono Concilia Familia.

26.09.2024

Obxecto

Concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares, que teñan lugar entre o 1 de xaneiro e o 10 de setembro de 2024, así como proceder á súa convocatoria.

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Concilia Familia os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se encontren nos supostos seguintes:

a) Que o neno ou a nena nacese o 1 de xaneiro de 2011 ou con posterioridade a esta data.

b) Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor/a de familia monoparental estean traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por necesidades en períodos de vacacións escolares.

Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente; nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.

2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.


MAIS INFO:




© 2024 Todos los derechos reservados
Horario de Lunes a Viernes 9.00 a 14.00 y Miércoles de 16.00 a 18.00
 
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar